Lexislación sobre protección de datos Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación de estes datos e polo que se deroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos) Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD). Protección de Datos de Carácter Persoal Regulamento Municipal de Seguridade para a protección de datos de carácter persoal O Regulamento ten por obxecto establecer as medidas de índole técnica e organizativas necesarias para garantir a seguridade dos ficheiros, centros de tratamento, locais, equipos, sistemas, programas e persoas que interveñan no tratamento de datos de carácter persoal dependentes do Concello de Santiago de Compostela suxeitos ó réxime da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal. O regulamento ten carácter obrigatorio para todo o persoal do Concello con acceso a datos de carácter persoal e os sistemas de información municipais, e debe ser coñecido e asumido polos responsables dos ficheiros no momento da creación das bases de datos. Protocolo Municipal de Seguridade para a protección de datos de carácter persoal O Protocolo ten por obxecto establecer as medidas de índole técnica e organizativas necesarias para garantir a seguridade que deben reunir os ficheiros, os centros de tratamento, locais, equipos, sistemas, programas e as persoas que interveñan no tratamento dos datos de carácter persoal suxeitos ó réxime da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, para o cumprimento dun contrato para a prestación de servizos entre o Concello de Santiago de Compostela e un terceiro. Este protocolo debe ser incorporado ou referenciado en tódolos contratos para a prestación dun servizo que requiran ou poidan requirir nun futuro tratamento de datos de carácter persoal. Obrigas e responsabilidades do persoal do Concello Obrigas e responsabilidades do persoal do Concello Resumo das obrigas e responsabilidades establecidas polo Regulamento Municipal de Seguridade para a Protección de Datos de Carácter Persoal. Intercambio de información con outras entidades. Modelo de protocolo de intercambio de información Cando a prestación dun servizo ó Concello por parte dun terceiro requira o intercambio periódico de información de carácter persoal, deberase acordar o procedemento de intercambio mediante a sinatura dun documento como o que se achega, co obxectivo de poder facer un seguimento de cada entrega. Este documento é un modelo que haberá que adaptar a cada caso, e debería ser asinado por ambas partes antes de que comece o intercambio de información. Documento de cesión de datos a entidades externas. No caso dunha cesión puntual de datos de carácter persoal a unha entidade externa, deberase asinar un documento de cesión como o que se achega, e que permite facer un seguimento de que tipo de información se entrega, con que fin, no seo de que relación contractual, e a qué persoas se fai a entrega da información. Delegado de Protección de Datos de Carácter Persoal DPD@santiagodecompostela.gal Conta de correo para consultas relacionadas coa protección de datos de carácter persoal. Jesús Rodríguez Castro Xefe de Informática